GRAZAS POR ELIXIR GALICIA

“Grazas por  elixir Galicia” xurde como unha acción de reactivación da demanda hostaleira no Turismo Rural e como colaboración da Asociación Galega de Turismo Rural –  AGATUR  coa  Axencia Turismo de Galicia destinada entre outras a potenciar esta oferta en Galicia.

Adscrita á medida 18, este acordo promóvese co obxecto  de reactivar e aumentar o gasto e sobre todo de promocionar os roteiros e produtos de proximidade  xunto coa promoción das empresas turísticas que son as beneficiarias destas medidas e actividades.

Con este proxecto queremos promover e fomentar a recuperación do sector dos aloxamentos e crear unha sinerxía entre os colectivos implicados no turismo. Recuperar a economía local e promocionar os encantos ocultos de Galicia e os seus produtos.

“Grazas por elixir Galicia” está destinada a potenciar a oferta de Turismo Rural, engadindo novas propostas de valor que motiven alongar a estancia. Para alcanzar este obxectivo, formúlanse os AGASALLOS  con dúas liñas de actuación.

“Descobre os xeodestinos de Galicia”
“Segredos das  vilas de Galicia”

O beneficiario/a  do  AGASALLO será cada cliente que realice unha reserva no aloxamento rural e o facer dita reserva , os hóspedes poderán escoller un “AGASALLO”

Para o seu desenvolvemento cóntase coa participación de Guías Turísticos acreditados e Empresas de Turismo Activo.

Agradecemos a colaboración de APIT Galicia (Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia).

Moitas grazas.

   

Deja un comentario

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para «permitir cookies» y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en «Aceptar» estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar